• 2024
  • |
  • Galicia
  • |
  • Super 8
  • |
  • 8 min.

Film

Sinopsis

«Os “dedos do Demo” (Clathrus archeri) é un fungo raro orixinario dos nosos antípodas que chegou a Europa durante a I Guerra Mundial, nas botas dos soldados australianos. O seu aspecto inquietante valeulle o nome e o seu cheiro nauseabundo -a carne en descomposición-, agoira a súa presenza. Deste primeiro achado parte unha breve ascensión da liña que une a Fonte de San Roque de Eirixado, a Fervenza de Naraío e o Vértice Xeodésico de Racamonde. Un trazado fondo desta terra, do que agroman enerxías que non son neutras. Avanzar polo telúrico San Sadurniño enfrontando un espello ao visible, devolvéndolle á luz e á sombra aquilo que proxectan, semella, máis que un camiño, un rego de arado inmaterial. Espreitar así é abrir a Terra e deixar ao descuberto o Mal e o Ben que contén, e, deste xeito, reflexionar sobre a súa natureza e o noso papel nela, poñendo de manifesto que a súa simple observación pode ensinarnos a tomar partido».

Los “dedos del Demonio” (Clathrus archeri) es un hongo raro originario de los nuestras antípodas que llegó a Europa durante la I Guerra Mundial, en las botas de los soldados australianos. Su aspecto inquietante le valió el nombre y su olor nauseabundo -a carne en descomposición-, augura su presencia. De este primer hallazgo parte una breve ascensión de la línea que une la Fuente de San Roque do Eirixado, a la Cascada de Naraío y el Vértice Geodésico de Racamonde (Galicia, España). Un trazado profundo de esta tierra, del que brotan energías que no son neutras. Avanzar por el telúrico San Sadurniño enfrentando un espejo a lo visible, devolviéndole a la luz y a la sombra aquello que proyectan, semeja, más que un camino, un surco de arado inmaterial. Acechar así es abrir la Tierra y dejar a cielo abierto el Mal y el Bien que contiene, y, de este modo, reflexionar sobre su naturaleza y nuestro papel en ella, poniendo de manifiesto que su simple observación puede enseñarnos a tomar partido.

“Dedos do Demo” (Devil’s fingers, Clathrus archeri) is a rare fungus native to our antipodes that arrived in Europe during World War I, on the boots of Australian soldiers. Its unsettling appearance earned it its name and its nauseating smell – of decomposing flesh – is an omen of its presence. This first discovery is the starting point for a brief ascent of the line that links the San Roque do Eirixado Fountain, the Naraío Waterfall and the Racamonde Geodesic Vertex (in San Sadurniño, Galicia, Spain). A deep trail of this land, from which energies that are not neutral emanate. To move through the telluric San Sadurniño facing a mirror to the visible, giving back to light and shadow what they project, seems, more than a path, an immaterial ploughing furrow. To stalk like this is to open up the Earth and leave exposed the Evil and the Good it contains, and, in this way, to think about its nature and our role in it, making it patently clear that its simple observation can teach us how to take a side.

Film Festivals

VIII CHANFAINA LAB (San Sadurniño, Galicia, Spain)